Comezan as obras para a retirada do dique do Miño

Esta mañá comezaban en Lugo as obras para a retirada do dique construído pola empresa Inca no cauce do Río Miño, tal e como ordenou unha orde ditada polo Ministerio de Medio Ambiente ao considerar ilegal o seu emprazamento. Segundo o Concello, o prazo de execución dos traballos prolongaranse durante cinco días, tal e como ordenou a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Esta noticia tivo un gran acollemento entre os colectivos ecoloxistas, que viñan demandando a retirada desta infraestrutura. Deste xeito, desde o colectivo Lugo de Cara ao Miño amosan a súa satisfacción porque “finalmente se faga xustiza e se repare a ilegalidade que durante un ano estivo sufrindo un dos espazos naturais máis protexidos e valiosos de todo o municipio”.

Este colectivo agradécelle ao Concello que non puxera atrancos á retirada do dique que poderían ter agravado as consecuencias medioambientais e poderían ter posto en risco a seguridade do río e as persoas. Con todo, esíxenlle que dea “un paso máis” na defensa dos bens públicos e reclaman que a entidade local evite que se realice este proxecto noutro emprazamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com