Folgoso do Courel celebra este domingo a XXIX edición da Festa da Castaña

A Deputada provincial de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez, e a alcaldesa do Concello do Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa, presentaron este venres no Salón de actos da institución provincial a XXIX edición da Festa da Castaña do Folgoso do Caurel que se celebrará o vindeiro domingo, 6 de novembro no Souto da Carroza, en Folgoso. O organismo provincial colabora cunha achega económica ao municipio do Folgoso do Caurel de 3.000 para a celebración desta cita gastronómica.

O sábado, no día previo á gran festa da castaña, os participantes poderán desfrutar a partir das 21:00 horas dunha pancetada, que dará paso ás 23:00 horas da verbena a cargo do grup Tribal.

A Festa das Castaña arrincará o domingo, a partir das 12:00 horas, coa actuación do grupo Gaitas e Cantores do caurel. Os asistentes, tamén poderán degustar gratuitamente castañas asadas do Courel e viño da zona, ademais de churrasco e polbo. A continuación, ás 13:00 horas, presentarase o libro de Jesús Río Ramilo “O Courel bajo la cruz de Santiago S.XII-XIX”. O pregón terá lugar as 13:30 horas, este ano a cargo dunha das voces máis carismáticas da zona, Davide Salvado, que seguidamente ofrecerá un concerto.

Durante a Festa da Castaña, os asistentes poderán visitar os postos de artesanía e produtos da zona instalados para a ocasión, deleitarse coa demostración de oficios e coa música tradicional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com