A Deputación abre mañá, luns 7 o prazo de solicitude das subvencións de 75.000 euros en réxime de concorrencia competitiva para deportistas individuais da provincia de Lugo, coas que o organismo provincial premia o esforzo competitivo,” introducindo novos criterios, totalmente obxectivos, para a concesión destas axudas. Ademais, favorecer a actividade de persoas con capacidades diferentes, duplicando o orzamento para este colectivo con respecto ao ano pasado”.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro día venres 18 de novembro, inclusive. Na páxina web do organismo provincial, www.deputacionlugo.gal, hai habilitado un apartado con toda a información e o modelo de solicitude para a súa descarga. Poden acceder ás bolsas todos os deportistas da provincia de Lugo que posuíran ficha federativa durante o ano 2015 e que dende o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do 2015 participaran en competicións deportivas oficiais, tanto de carácter provincial, galego, estatal como internacional, e manteñan na data de presentación de solicitudes a súa actividade competitiva oficial e federada.
Esforzo competitiv
O Goberno da Deputación decidiu establecer novos criterios de valoración para “unha concesión máis transparente e xusta, premiando o esforzo dos deportistas”. Por 1ª vez, se terán en conta os resultados acadados en competicións internacionais, estatais, galegas e provinciais. A nova táboa de baremación é a seguinte:
POSTO | PROBAS CAMPIONATOS DO MUNDO | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. MUNDO | PROBAS CAMPIONATO DE EUROPA | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. EUROPA | PROBAS CAMIONATOS DE ESPAÑA | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. ESPAÑA | PROBAS CAMPIONATOS GALEGOS | RANKING ATA 10º CLASIF. CAMP. GALEGOS | PROBAS CAMPIONATO PROVINCIAL | PROBAS CAMP. UNIV. GALEGO | PROBAS CAMP. UNIV. ESTATAL | PROBAS CAMPIONATO UNIVERSITARIO INTERNACIONAL |
1º | 60 | 10 | 40 | 7 | 30 | 5 | 20 | 3 | 10 | 3 | 5 | 10 |
2º | 54 | 9 | 36 | 6,3 | 27 | 4,5 | 18 | 2,7 | 9 | 2,7 | 4,5 | 9 |
3º | 48 | 8 | 32 | 5,6 | 24 | 4 | 16 | 2,4 | 8 | 2,4 | 4 | 8 |
4º | 42 | 7 | 28 | 4,9 | 21 | 3,5 | 14 | 2,1 | 7 | 2,1 | 3,5 | 7 |
5º | 36 | 6 | 24 | 4,2 | 19 | 3 | 12 | 1,8 | 6 | 1,8 | 3 | 6 |
6º | 30 | 5 | 20 | 3,5 | 16 | 2,5 | 10 | 1,5 | 5 | 1,5 | 2,5 | 5 |
7º | 24 | 4 | 16 | 2,8 | 13 | 2 | 8 | 1,2 | 4 | 1,2 | 2 | 4 |
8º | 18 | 3 | 12 | 2,1 | 10 | 1,5 | 6 | 0,9 | 3 | 0,9 | 1,5 | 3 |
9º | 12 | 2 | 8 | 1,4 | 7 | 1 | 5 | 0,6 | 2,5 | 0,6 | 1 | 2 |
10º | 10 | 1 | 6 | 0,7 | 5 | 0,5 | 3 | 0,3 | 2 | 0,3 | 0,5 | 1 |
Por participación en probas do respectivo campeonato, a partir do undécimo posto (incluído) | 5 | 4 | 3 | 2 | 1 |
4 grupos de beneficiarios
As axudas, que terán un importe máximo de 2.000 euros e un importe mínimo de 300 euros cada unha delas, están dirixidas a 4 grupos de beneficiarios segundo a idade dos aspirantes a data de 31 de decembro de 2015:
Ata 16 anos (todos os/as nacidos no ano 1999 e posteriores). Para este grupo destinaranse un total de 40.000 euros do orzamento total da convocatoria, fomentando o deporte base.
De 17 ata 25 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1990 e 1998, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 20.000 euros do orzamento total da convocatoria.
De 26 ata 35 anos (nacidos/as no período comprendido entre o ano 1980 e 1989, ambos os dous incluídos). Para este grupo destinaranse 5.000 euros do orzamento total da convocatoria.
Deportistas con capacidades diferentes (sen límite de idade) que participen nas distintas competicións e disciplinas. Para este destinaranse 10.000 euros do total do orzamento da convocatoria, o que supón a dobra que no 2015.