O incendio en Maderas Goiriz de Vilalba calcina a nave de secado e parte da maquinaria

O incendio declarado esta mañá en Maderas Goiriz, en Vilalba causou danos irreparables na nave destinada ao secado da madeira. Tamén se viu afectada a cuberta e todo o material acumulado no interior, incluida algunha máquina.

Os equipos de extinción continúan traballando no lugar, aínda que o lume está controlado e arredado das naves lindeiras.

O persoal do 112 Galicia tivo constancia do incendio minutos antes das seis desta madrugada e a partir de aí activou un operativo no que participan os Bombeiros de Vilalba, membros do GES de Guitiriz e voluntarios de Protección Civil. Igualmente, foron informados os Bombeiros de Barreiros e a central de incendios forestais da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com