Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP critica a ubicación da nova turborrotonda

O Partido Popular critica a ubicación da nova turborrotonda da cidade, instalada na avenida Benigno Rivera no seu acceso á Infanta Elena, no Polígonovo do Ceao. Deste xeito, o vicevoceiro do PP Antonio Ameijide cre que se trata dunha das glorietas “máis complicadas da cidade” e acusa ao goberno local de “deixarse levar polas modas e de implantar medidas de forma improvisada”, matizando que “se debería seleccionar unha rotonda menos perigosa para testar este tipo de medidas que melloren a fluidez do tráfico”.

Ademais Antonio Ameijide afirma que “ao destaparse un dos dous sinais  situados na Avda Benigno Rivera, xusto antes da rotonda onde se vai probar este sistema, se está ofrecendo información contradictoria do fluxo tradicional da glorieta”, algo que pode ocasionar confusión entre os condutores.

Por este motivo, os populares solicitan que, no caso de que o Concello decida seguir adiante con esta experiencia piloto, “se deseñe unha campaña informativa, se sinalicen todas as entradas de forma homoxénea e  durante os primeiros días de funcionamento se estableza un dispositivo de presenza policial”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com