A Deputación destina 300.000 euros para equiparar o salario dos bombeiros de Lugo aos de Ourense

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou este xoves ao Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros, que asumen Deputación de Lugo e Xunta de Galicia ao 50%, unha proposta para equiparar os salarios dos 132 bombeiros dos 6 parques lucenses aos ourensáns co obxectivo de igualar as condicións laborais destes profesionais en Galicia.

“Mesmo traballo, mesmo risco, mesmo soldo”, subliñou o presidente. Hai que ter en conta que, segundo datos oficiais, un bombeiro da provincia de Lugo recibe un salario anual de 18.000 euros fronte aos 21.400 euros dun de Ourense.

Deste xeito, o presidente xa destinou 330.000 euros máis do orzamento da Deputación de Lugo para 2017 ao Consorcio Provincial de Bombeiros, asumindo deste xeito o 50% que lle corresponde achegar á institución luguesa para aplicar esta medida de equiparación salarial a partires do vindeiro ano.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia, responsable do 50% restante, apuntou durante o Pleno do Consorcio de hoxe que “ía a estudar” a proposta de Campos. Correspóndelle achegar outros 330.000 euros para completar os 660.000 euros necesarios e poder aplicar esta medida. Outra das proposta que fixo o Presidente da Deputación ao Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros foi converter as xornadas parciais dos bombeiros en completas, tal e como demandas estes profesionais. Son 9 bombeiros lucenses nesta situación. O Consorcio acordou o estudo técnico e administrativo desta medida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com