Chega a Lugo ‘Galegas coma ti’, a exposición itinerante contra a discriminación racial

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González, e a vicepresidenta da ONGD Viraventos, Ana Louzán, presentaron este xoves a exposición Galegas coma ti, unha mostra contra a discriminación racial coa que se busca promover na sociedade galega unha actitude de acollida e respecto pola diversidade. Trátase dunha exposición itinerante, que arrinca, nesta ocasión, en Lugo e que rematará en Teo, tras pasar por Arteixo e Carballo ao longo de novembro e decembro.

Galegas coma ti poderase ver na Praza Maior ata o 19 de novembro. A mostra consta duns módulos expositivos, 3 cubos duns 2 metros de alto, que combinan textos sobre a igualdade de dereitos das persoas migrantes con fotografías, realizadas por Xurxo Lobato, nas que aparecen inmigrantes xunto a persoas galegas de relevancia pública no ámbito cultural, como escritores, músicos, xornalistas, cineastas, cantantes ou persoaxes do ámbito deportivo, entre outros. Senegal, Rumanía, Marrocos, Cuba e Bolivia son os países de procedencia da poboación imigrante representada nesta mostra que ao longo dos primeiros seis meses deste ano recorreu prazas e rúas de Coruña, Ames, Oleiros e Cambre.

Durante a presentación, a edil subliñou a tarefa realizada por Viraventos, que naceu en 2007 para dar acollida e orientación aos colectivos inmigrantes chegados a Galicia, ao tempo que fixo fincapé nun dos traballos que levou a cabo nos últimos 2 anos en colaboración do Concello, Choiva de Cores, unha actividad de sensibilización dirixida aos máis novos para educalos a pensar en clave de multiculturalidade, a través de contos ou material didáctico en 21 escolas, 26 centros de educación infantil e 25 de primaria. Nesta liña, destacou o labor de inclusión que realiza a asociación, “que compartimos dende o Concello, en busca da igualdade real e efectiva, neste caso, entre persoas e culturas, para construír unha sociedade inclusiva e o máis diversa posible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com