Lara Méndez apunta aos recortes en seguridade como unha das causas dos roubos no rural

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, apunta aos recortes en materia de seguridade como unha das causas que explica a onda de roubos en casas do rural que rexistrou a cidade esta fin de semana. Méndez defendeu que se trata de “casos illados” e cre que non se debe crear “alarma social”. Con todo, a rexedora apunta aos recortes como unha das causas que explican esta situación.

“Evidentemente a situación de recortes está afectando a todo, e o tema da seguridade tampouco se afasta desa realidade”, subliñou Lara Méndez, ao tempo que lembrou que desde o Concello solicitaron “máis efectivos” da Policía Nacional e da Garda Civil para controlar os roubos no rural.

Neste sentido, a rexedora cre que a Policía Local “sempre intenta reforzar a seguridade, malia que non estea no seu ámbito competencial”, pero cre que os últimos sucesos rexistrados na cidade apuntan que “se está poñendo de manifesto a necesidade de reforzar os distintos servizos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com