O Concello adquire novo material para as escolas Gregorio Sanz e Serra de Outes

O Concello de Lugo mellorará as condicións ergonómicas das traballadoras das escolas infantís municipais Gregorio Sanz e Serra de Outes, que contan con 122 alumnos e alumnas, 61 cada unha delas. Faino a través da adquisión de material de seguridade por valor duns 2.700 euros, co obxectivo de continuar asegurando, con rigor, as boas condicións de traballo en materia de seguridade e saúde, e de prevención de riscos laborais de todos os traballadores e traballadoras.

Nesta liña, o Concello figura como modelo a seguir na Guía de Xestión de Recursos humanos na Administración Pública, realizada pola mutua Egarsat, e presentada o pasado maio, sendo durante 3 anos consecutivos beneficiarios do bonus bueno por ser entidade de baixo índice de sinistralidade e días de baixa laboral.

Deste xeito, a entidade local comprará 3 escadas de madeira para cambiadores dunha altura de 86 centímetros e 4 peldaños, 4 cadeiras de apoio de 78 centímetros e 3 berces de evacuación, de 120×60 centímetros, para a escola infantil Serra de Outes, e outras tantas escadas, cadeiras e berces para a de Gregorio Sanz, para onde está previsto adquirir tamén 10 bloqueos de tirador e 4 cantos de protección transparentes.

Nestas mesmas instalacións, o Concello acometerá tarefas dirixidas a optimizar e mellorar as condicións de habitabilidade da escola, tanto a nivel enerxético, como de illamento e confortabilidade, e incluso de estabilidade. Tamén se renovará o illamento e o acabado externo e se cambiará o pavimento para facelo máis accesible.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com