A Policía cre que os dous asaltos en Augas Férreas, unha violación consumada e unha agresión sexual, son obra do mesmo violador. Así o confirmaba esta mañá o subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo trala xuntanza da Xunta local de seguridade do Concello de Lugo que engadía que “todo apunta a que é unha única persoa a que actuou nestes dous casos”.
Segundo Carballo, as forzas da orde traballan en dar co seu paradoiro e confirma que “hai sospeitosos pero non son dous unicamente”, en referencia ás informacións publicadas nos últimos días pola prensa. Para dar coa identidade do agresor, estase á espera de cruzar os datos de ADN extraído da roupa dunha das vítimas cos de outros violadores e delincuentes fichados pola Policía. “Esperemos que unha vez que se crucen os datos da investigación poidamos nun menor tempo posible prender ao delincuente”, subliñou Ramón Carballo.
O subdelegado apuntou que a Policía conta xa cun perfil morfolóxico do agresor e pretende agora obter o perfil xenético. Ademais volveu faer un chamamento á “transmitir sensación de seguridade”.