Lugonovo denuncia a existencia dunha praga de roedores na cidade

Lugonovo denuncia a existencia dunha prada de roedores na cidade e pídelle ao Concello que tome medidas para acabar con ela. Segundo o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, a proliferación de ratos está causando unha fonda preocupación veciñal en distintos barrios da capital lucense.

 “Na Piringalla, especialmente na rúa Nespereira, os residentes aseguran que a colonia de roedores é tan abundante que mesmo lles entran nas vivendas. E non é un caso aillado, trasladáronnos queixas similares na rúa Miguel de Cervantes que incluso propiciaron algunha reclamación formal”, subliña

Dende o Grupo Municipal atríbuese este inzamento ao estado de completo abandono dalgúns predios sen edificar e sobre os que os propietarios non exercen ningunha tarefa de mantemento ou conservación. Por iso, os edís da formación, pídenlle ao executivo que, de xeito parello ás campañas de limpeza e desifección que se veñen realizando puntualmente, inicida na tarefa coercitiva que lle corresponde.

“Non é xusto que os residentes dalgunhas comunidades sufran prexuizos provocados pola neglixencia e a despreocupación doutros – sinala Santiago Fernández Rocha. O Concello debe facer cumprir o estipulado pola Lei do Solo e obrigar aos donos destas fincas a que as manteñan nunhas mínimas condicións hixiénicas e de limpeza coa fin de non contribuír, aínda máis, a esta invasión”, engade Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com