Lugonovo insta ao Concello a liderar unha xuntanza a tres para rematar o Auditorio

Lugonovo insta ao Concello a liderar unha xuntanza a tres con representantes da Xunta e a Deputación para rematar o Auditorio. Segundo a formación, esta infraestrutura “esmorece antes de estrear”, polo que reclaman compromiso das institucións para rematalo “ante a proximidade do debate orzamentario, tanto autonómico coma provincial e local”.

“Nunhas semanas, Xunta, Concello e Deputación comezarán a definir os presupostos anuais. Cremos que, antes de que chegue ese momento, os representantes destas institucións deben participar dunha negociación para clarificar con qué dotación contribúe cada unha á finalización do edificio”, suxire o portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha. “Non ímos consentir que, nesta fase da construción, a falta de consignación previa se convirta na escusa que enlode, aínda máis, este protocolo”, engade.

Fernández Rocha exemplifica a situación do Auditorio en Lugo co acontecido en Ferrol. “Se o executivo de Núñez Feijoo foi quen de asumir nesa cidade o 75% da equipación da obra, Lugo non agarda menos. A alcaldesa debe aplicar toda a persuasión posible para acadar a mesma resposta pero tamén debe comprometer os investimentos locais precisos para que esta infraestrutura entre en servizo en 2017”, explica.

Ademais, o voceiro de Lugonovo adícalle un especial tirón de orellas á rexedora. “O acordo contempla a creación dunha Comisión de Seguemento. Xa vai sendo hora de poñela en marcha para impulsar, cando menos, a comunicación entre as administracións, porque non hai constancia de que ningunha fixera os esforzos necesarios para efectivizar o asinado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com