Lugo acenderá o alumeado de nadal o 2 de decembro. Asegurouno esta mañá a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que aclarou que a meirande parte das luminarias xa están colocadas na cidade, agás na Praza Maior, onde agardarán a que remate a campaña contra a Violencia Machista. “Está todo case rematado. Fáltanos o do Concello pero hai que rematar as xornadas contra a violencia para que poidan colocar as luces no balcón”, apuntaba a edil.
Basadre aclarou que o feito de adiantar o acendido das luces se debe á que este ano se adxudicaron á vez que o alumeado do San Froilán. “Saiu xunta a contratación do Nadal e a do San Froilán e fixémola con tempo suficiente para comezar ese alumeado o día 2 de decembro”, aclarou.