En Marea reclama un novo xulgado do social en Lugo

Esta mañá o voceiro de En Marea, Luís Villares, mantivo unha xuntanza co sindicato CIG-Xustiza de Lugo para recoller as súas demandas relativas ao colapso dos Xulgados de Lugo e tamén para informalos de que para En Marea os Xulgados do Social serán unha prioridade, pois son os que tutelan os dereitos dos traballadores e traballadoras. Villares tamén informou da Proposición Non de Lei presentada esta mesma mañá no Parlamento de Galicia para esixir a creación urxente de tres xulgados do Social en Galicia.

En Marea sintoniza coas reclamacións das forzas sindicais do ámbito da xustiza, que denuncian a necesidade de crear novos órganos xudiciais e ao mesmo tempo reforzar o persoal dos Xulgados. Quéixanse de que no caso de Lugo, o colapso xudicial está provocando que moitas persoas do sur da provincia opten por presentar as súas demandas nos xulgados de Ourense, menos conxestionados.

“A particular situación dos xulgado do Social é totalmente inaceptable a vulneración do dereito de tutela xudicial efectiva que se produce cando temos un retraso á hora de dispensar xustiza a quen o necesita” sinalou Luís Villares que destacou que precisamente sexa a xurisdicción na que se ventilan os dereitos dos traballadores e traballadoras a que peor está funcionando. “É indispensable que se creen novas unidades xudiciais completas en Lugo en Santiago e en Vigo, pois as reformas laborais fixeron aumentar moito a litixosidade neste campo e non é de recibo que un traballador teña que agardar dous anos por unha sentenza”, engadiu.

Villares puxo como exemplo do colapso xudicial os tempos de espera nos diferentes órganos. “En Lugo un traballador ten que agardar dous anos por unha sentenza e en Santiago unha cuestión tan relevante como unha incapacidade laboral está tardando tres e anos e medio en ser vista, como xa denunciou o Colexio de Avogacía”, concluiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com