Lugo sumarase á Rede de cidades pola vida e contra a pena de morte

O Pleno ordinario deste xoves aprobou unha declaración institucional, a proposta da Alcaldesa, Lara Méndez, para que Lugo se sume á Rede de cidades pola vida e contra a pena de morte. Deste xeito, o Concello respalda a proposta de Amnistía Internacional e da Comunidade de San Egidio de sumarse a esta rede, que pode contibuír a aumentar o respecto da vida e da dignidade humana en calquera lugar do mundo. A declaración comparte tamén que cada 30 de novembro se celebre unha xornada cidadá de rexeitamento á pena capital.

O Concello comprométese a facer que esta adhesión se converta nun motivo de maior responsabilidade, e a traballar en todos os ámbitos da súa competencia para que se creen espazos de información e sensibiliación adecuados sobre os motivos do rexeitamento da pena de morte e sobre o avance da campaña abolicionista ao redor do mundo.

Na sesión deste xoves, que arrincou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista e coas concelleiras e concelleiros de distintos grupos políticos lucindo a camiseta de Lugo En Negro, tamén se abordou unha declaración institucional contra a violencia de xénero, que asasinou a máis de 800 mulleres dende o ano 2003, data que marca o inicio da recomplación de datos oficiais.

No documento, impulsado polo Goberno con propostas doutros grupos da Corporación Municipal, recóllese a necesidade de dotar suficientemente ás partidas orzamentarias que se viñeron recortando nos últimos anos, especialmente nos recursos destinados á prevención e á asistencia social das vítimas, así como a dotación de recursos para garantir a eficacia da Administración de Xustiza. Recóllese ademais a necesidade de ampliar a Lei integral contra a violencia de xénero.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com