A Escola Municipal de Música merca máis material musical

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu conta da adquisición de diverso material e equipamento para a Escola Municipal de Música de Lugo, coa que o Concello realiza novas inversións por un importe de máis de 24.000 euros. Deste xeito, a entidade local pretende mellorar a impartición das distintas materias e que esta escola conte cun estudo de gravación para fortalecer a calidade da educación que recibe o alumnado.

Entre o último material que se adquire, atópanse varios instrumentos, tales como 3 saxos, 3 trombóns, 5 clarinetes, 2 bombardinos, 1 tuba, 4 trompetas, 2 trompas, 3 packs de percusión e 2 frautas, que se incorporarán ao futuro banco de instrumentos, por un importe de case uns 10.000 euros, segundo informou o edil.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com