O Xulgado estima a demanda da “Plataforma Sarriana polo río” e anula as multas da Subdelegación do Goberno de Lugo

A “Plataforma Sarriana polo río” emitiu un comunicado no que “por sentenza de 23 de novembro o Xulgado do Contencioso Administrativo nº2 de Lugo ven de fallar contra a Subdelegación do Goberno de Lugo ao estimar a demanda da Plataforma Sarriana polo Río e anular -ao ser contrarias a Dereito- as resolucións sancionadoras ditadas pola Subdelegación do Goberno de Lugo contra catro sarriaos tras unha sentada en contra do Proxecto de encanamento do río Sarria na desaparecida ponte do Toleiro en marzo de 2014”.

O comunicado prosegue, “a partir das probas gráficas, videos e testemuñas -xa obrantes nos expedientes e que foron, porén, ignoradas pola Subdelegación nos previos recursos administrativos de reposición e de alzada-, a sentenza pon de manifesto as infraccións imputadas aos recorrentes, ou non se atopan debidamente acreditadas ou hai proba bastante de que non se cometeron, co que calquera sanción grave ou leve, resulta improcedente”.

 Segundo a Plataforma “da falta de rigor dos expedientes faise eco a Sentenza nos seus Fundamentos de Dereito : o certo é que dita ratificación -na resolución e o seu recurso de Alzada- contén imprecisións ou afirmacións xenéricas que non se aveñen co superior principio inspirador do exercicio da potestade sancionadora”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com