A recentemente elixida coordinadora de Lugonovo quere expoñer á cidadanía os eu posicionamento ,diante o conflito aberto na entidade A Cova da Terra, “LUGONOVO lamenta a situación que pon en perigo o funcionamento dunha das entidades representativas do entramado asociativo da cidade, e un elemento emblemático na definición de un sistema mellor no comercio xusto e nas alternativas de consumo respetuoso co medio ambiente.
LUGONOVO entende que é en primeiro lugar un asunto que compete ás persoas asociadas de A Cova da Terra, que debera ser resolto por elas internamente e cos seus métodos e previsións regulamentarias.
LUGONOVO, como organización política que é, non pode inmiscuirse nos asuntos dunha entidade social, nin tomar partido por ningunha das posturas enfrontadas; mais si que debe, con respecto escrupuloso ás decisións corporativas de A Cova da Terra, solicitar das partes a procura dunha solución que permita manter a devandita asociación e o seu traballo en prol da comunidade”.