O Goberno provincial defenderá no Pleno de mañá, unha moción na que se esixe a Feijóo e Rajoy, que cumpran coas 65 peticións de investimentos e medidas concretas, que lles fixeron os lucenses durante a elaboración dos Orzamentos Participativos da Deputación.
Así o avanzaron este luns en rolda de prensa, os deputados de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, e de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, que percorreron o pasado ano a provincia, para coñecer as prioridades e demandas dos lucenses co fin de incorporar as que son de competencia provincial, aos presupostos do organismo lugués para este 2015, e de reclamar as restantes, ante as administracións que teñen as competencias.
Escoitamos a Pilar García Porto: