A Deputación acolle o 10 de decembro a entrega dos premios Mulleres nas Artes Visuais

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, anunciou este mércores no Salón de actos do organismo provincial ás 5 gañadoras dos Premios MAV 2015 Mulleres nas artes visuais. Os premios MAV son un proxecto anual da Asociación de Mulleres nas Artes Visuais, para o recoñecemento das traxectorias de mulleres esenciais para o sistema do arte español.

As 5 gañadoras son: Premio Creadora, Mariña Núñez; Premio Galerista, Asunta Rodríguez; Premio Xestora, Susana Blas, Premio Teórica, Piedade Solans e Premio Proxecto de autora para Marta Álvarez Guillén e Oliva Cachafeiro.

García Porto sinalou que “a través destes premios, fomentamos e reivindicamos a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, ao tempo que damos visibilidade e premiamos a labor de todas estas profesionais do mundo do arte”.

O vindeiro 10 de decembro entregaranse os galardóns ás gañadoras da sexta edición dos premios MAV no Pazo de San Marcos. Pola tarde, celebrarase a Asemblea anual da Asociación, aproveitando o desprazamento de numerosas socias de MAV procedentes de diferentes partes de España.

O obxectivo destes Premios MAV é compensar, dunha maneira simbólica, o enorme desequilibrio e a falta de visibilidade que sofren as mulleres cara ao seu traballo no contexto das artes visuais en España, e por extensión no mundo da arte internacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com