Un traballador dunha granxa de Castro de Rei resultou ferido esta tarde ao recibir o golpe dunha vaca. A vítima recibiu unha couce do animal nas costas. As instalacións nas que aconteceron os feitos sitúanse en Castro Ribeiras de Lea.
Unha persoa particular informaba ao 112 Galicia do accidente laboral ás 15:00 horas desta tarde. Os efectivos do Centro de Atención ás Emerxencias explicaron a situación a Urxencias Médicas e á Garda Civil.