Muralla Lugo Muralla Lugo

Lugonovo propón substituír o adoquinado que rodea a Muralla

 

Lugonovo propón substituír o adoquinado que rodea a Muralla por outro máis accesible. “Eliminar este tipo de firme é unha demanda social moi presente. Dende Lugonovo consideramos que ningún outro elemento do concello precisa ser tan universal como a Muralla e, por iso, propoñémoslle ao goberno unha solución integradora pero tamén sostible, que seguro axudará a multiplicar a súa sona”, expón o concelleiro da formación, Iñaki García.

Deste xeito, segundo Lugonovo, a alternativa pula por mudar os adoquíns, intransitables en cadeira de rodas, por pavimento descontaminante. “Son pezas de formigón prefabricado de elevada resistencia, altamente ecolóxicos xa que, por unha banda, na súa composición incorpórase ata un 30% de material reciclado procedente do sector industrial e da construción e, pola outra non só cumpren unha función arquitectónica e estética senón que contribúen activamente á eliminación de contaminantes á atmosfera. Como exemplo, basta dicir que só as lousas que collen nun campo de fútbol serían suficientes para combater a carga nociva de 4000 coches ao ano”, explica o concelleiro.

O produto baséase nunha tecnoloxía similar á da fotosíntese das plantas, consistente nunha oxidación natural dos gases que pasan a ser elementos inocuos para a saúde. O espesor das plaquetas garantiza, asemade, a actividade descontaminante durante máis de 25 anos, sen ningún efecto adverso.

A reutilización que esixe a súa elaboración supón unha importante diminución do consumo de recursos naturais mentres que as propiedades físicas non resultan alteradas. De feito, nos municipios onde xa se instalou como Cantabria, Guadalaxara ou Navarra, obsérvase que ofrece mellores prestacións mecánicas que os materiais tradicionais”, refire García Gómez.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com