Xa loce o alumeado do Nadal e farao ata o 6 de xaneiro

As luces de Nadal xa brillan en Lugo deste esta tarde e ata o 6 de xaneiro. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu este venres o acto de acendido, que tivo lugar ás 18:00 horas. Ao prendido do alumeado tamén asistiron membros da Corporación Municipal, así como o Presidente da Deputación, Darío Campos, e representantes da Federación de comercio, Asociación de Autonómoas, Asociación de Empresarias, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, Lugo Monumental, Confederación de Empresarios, a Federación de Veciños e a Unión de Asociacións Veciñais de Lugo.

O alumeado de Nadal loce en Lugo dende hoxe en medo cento de puntos da cidade.  O Concello destina 33.800 euros á luz ornamental, que adornará a diferentes rúas e prazas da cidade. Insalaranse uns 200 arcos, uns 50 máis que o pasado ano, (de estrelas, de falopas de neve ou de campás), así unha árbore de 17 metros na Praza Maior. Tamén se forrarán árbores da Praza e colocaranse grilandas en Campo Castelo e 7 letreiros de Bo Nadal, en Recatelo, parque da Milagrosa, Paulo Fabio Máximo, Fonte dos Ranchos, San Roque, rúa Adolfo Suárez e na Calzada da Ponte.

Tras o acendido, para o que houbo unha conta atrás, unha vintena de alumnos de 6 e 7 anos da Formación Básica da Escola Municipal de Música, co seu mestre Francisco Villamor, así como un grupo de clarinetistas que cantaron a panxoliña Campá sobre Campá.

As luces estarán situadas nas seguintes rúas, Progreso, Xoán Montes, rúa do Teatro, San Froilán, Amor Meilán, Clérigos, Nóreas, rúa Nova, Praza do Campo, rúa da Cruz, Praza Mártires de Carral, Bispo Aguirre, San roque, Praza da Soidade, San Marcos, Camiño Real, Doutor Castro, Conde Palalres, Concepción Arenal, Clérigos, García Abad, rúa Mallroca, Carril das Flores, San Pedro, rúa Catedral, Bispo Basultos, rúa do Miño, Praza Maior, escalinata Luis Pimentel, Bo Xesús, Calzada da Ponte, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballesteros, Santo Domingo, Montevideo, Avenida da Coruña, Monte Faro, San Fernando, rúa Chantada, rúa da Raíña, Campo Castelo, Praza Maior, Monteros Ríos. Ademias haberá grilandas entre o carril das Flores e a rúa Encrucilladas e na Ronda de Fontiñas.

O Concello asume por 3º ano consecutivo o custe íntegro da iluminación artística, que estará prendida todos os días de 18:00 a 02:00 horas, agás o 24 e 25 de decembro, que será de 6 da tarde ás 06:00 da madrugada.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com