Vilalba Aberta celebrará un acto simbólico para denunciar o incumprimento da Lei de Memoria Histórica no Concello

A asemblea de Vilalba Aberta vende anunciar a celebración dun acto simbólico e de denuncia na Rúa Nevado Bouza, a fin de poñer o foco sobre do incumprimento da Lei de Memoria Histórica no Concello de Vilalba.

No mesmo, procederase á colocación dunha placa adhesiva en homenaxe á Irmandade da Fala de Vilalba sobre da que na actualidade dá nome á rúa, honrando a memoria do xeneral Óscar Nevado Bouza. Unha personalidade, esta, que para a formación asemblearia nada ten que ver nin con Vilalba nin co compromiso que as vilalbesas/os manteñen cos valores da democracia e do cumprimento dos dereitos fundamentais do ser humano.

A celebración, fixada para as 13h deste domingo, pretende, en palabras de Modesto Renda “a denuncia dunha flagrante anomalía democrática ao tempo que se pon no lugar que lles corresponde aos vilalbeses que formaron parte dunha institución clave na defensa do patrimonio común dos galegos e as galegas, pois a defensa da Galiza, da súa cultura e do seu idioma foron os eixos principais da súa actividade e a súa razón de ser”

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com