A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, de cara a promoción turística da cidade durante a ponte de decembro, organiza un programa de visitas guiadas para facilitar o coñecemento dos museos, os monumentos e os lugares máis emblemáticos de Lugo, ademais de difundir a súa historia.
As visitas serán realizadas polas guías oficiais de turismo que traballan habitualmente na cidade e terán unha duración duns 90 minutos. Estas visitas serán gratuítas para toda a cidadanía e os turistas que desexen participar nas mesmas.
O Concello ten previsto realizar unha visita diaria do 3 ao 11 de decembro, todas elas con saída ás 12:30 horas dende a Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, 11. Para participar nestas visitas é preciso inscribirse previamente na propia Oficina Municipal de Turismo, ou chamando ao teléfono 982-251-658.
Horario dos museos
Ademais, a entidade local, consciente do aumento da demanda turística que se produce ante a celebración de determinadas festividades, como ocorre nesta ponte de decembro, ampliará o horario habitual de apertura ao público dos seus museos municipais. Deste xeito, os horarios que rexerán nesta ponte son os seguintes :
Casa dos Mosaicos
Domingo, 4 e 11 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas
Luns, 5 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas
Martes, 6 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
Mércores, 7 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
Domus do Mitreo
Domingo, 4 e 11 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas.

Centro Arqueolóxico de San Roque
Domingo, 4 e 11 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas.
Luns, 5 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
Martes, 6 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
Mércores, 7 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00. horas
Sala de Exposicións Porta Miñá
Domingo, 4 e 11 de decembro, de 17:00 a 19:00 horas.
Luns, 5 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
Martes, 6 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
Mércores, 7 de decembro, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas.
MIHL
Ademais de domingo, o MIHL tamén abrirá o luns, 5 de decembro, de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas.
Posteriormente, os museos abrirán no seu horario habitual de inverno, que se pode consultar na páxina web do Concello, www.lugo.gal.