Lugonovo alerta do descoido da limpeza exterior nas piscinas das Pedreiras

As follas dos árbores sitos diante das piscinas municipais das Pedreiras tapizan a calzada converténdoa nunha trampa esvaradía.

 “A imaxe que nos atopamos non pode reflectir mellor o estado de abandono que vimos denunciando en toda a contorna dende hai tempo. Resulta evidente que hai moitos días, por non dicir semanas, que os servizos de limpeza non pasan por alí”, critica o portavoz de Lugonovo.

 Santiago Fernández Rocha alerta de que a presenza de todos eses restos vexetais non deixa ver os sinais horizontais.  “Resulta case imposible distinguir o paso de cebra debaixo de tanta folla. Ademais, coas néboas dos últimos días, están completamente molladas polo que, pisalas ao cruzar, pode rematar nunha caída para o peón”.

 Os edís do Grupo Municipal pídenlle ao goberno que se retire canto antes todos os restos e reiteran a súa queixa pola falta de mantemento que afecta a toda a zona, especialmente patente no percorrido da rúa Filharmónica Lucense que vertebra boa parte do Campus Universitario, dende a Facultade de Humanidade ata a Avenida Alfonso X.

 “Toda a vía precisa dun repintado urxente”, estima o portavoz da formación, quen subliña o feito de que “ningunha praza de estacionamento das inmediacións estea debidamente delimitada”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Jose Luis Lamela Ramos
    Dec 04, 2016 - 04:20 PM

    tiquismiquis 😛

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com