O BNG reclama a construción dunha rotonda entre San Eufrasio e Fontiñas

O voceiro do BNG-AA propuxo a construción dunha rotonda no enlace de Fontiñas coa rúa San Eufrasio. Rubén Arroxo dixo que se trata dun dos puntos negros do tráfico na cidade e lembrou o accidente sucedido nos pasados días. Para o BNG-AA é necesario contemplar nos orzamentos do vindeiro ano as partidas necesarias para acometer a construcción da rotonda pero o verdadeiramente importante é que Concello e Xunta cheguen aos acordos necesarios xa que cada unha das vías é titularidade dunha administración.

Rubén Arroxo enmarcou esta proposta dentro do proxecto que o BNG – AA está deseñando para resolver os problemas de tráfico en Fotiñas e lembrou que “a pesares de que hai un acordo plenario a Mesa do Plan de Mobilidade non se chegou a constituír e xa vai máis dun ano que se tería que ter reunido” e afeou “nin alcaldesa nin o equipo de goberno teñen a intención de poñerse a traballar dun xeito serio para resolver os problemas de tráfico nesta cidade”. Arroxo asegurou que o BNG-AA buscará unha solución para o tráfico de Fontiñas ante a falta de iniciativa do goberno municipal.

“A alcadesa terá que deixar de cartearse con Feijoo e sentarse coa Xunta para construír unha rotonda en S. Eufrasio” dixo Arroxo en referencia á carta que a alcaldesa lle enviou ao presidente da Xunta “nun xesto mediatico” para trasladarlle as necesidades da cidade pero que “non se concreta en ningunha medida real para beneficiar ás veciñas e veciños de Lugo”. Arroxo dixo que “a política localista está esgotada en Lugo e agora tocar buscar solucións”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com