O lucense David Gómez, de 21 anos e estudante de cuarto de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, vén de proclamarse subcampión de España no I Torneo de Debate Académico organizado pola Universidade de Murcia.
Gómez acudiu a este torneo como integrante do Club Debate Compostela (CDC). Non obstante, tamén participaban diferentes equipos de universidades de diferentes lugares de España como Granada, Madrid, Barcelona ou Valencia. Os mozos tiveron que responder á pregunta de se debería estar xustificado o uso do chamado ‘burkini’ e outros elementos similares nos espazos públicos. A dificultade do torneo radica en que os debatentes teñen que preparar unha postura a favor e en contra de cada un dos temas propostos.
O lucense David Gómez formou parte do equipo CDC-A, composto ademais por Lidia Lareo, de 21 años e estudante de xornalismo e Pedro Martínez, natural de Bueu e de terceiro de Medicina. Venceron un total de 6 dos 8 debates que desputaron. Só perderon en fase de grupos e na propia final contra os gañadores, a Universidade de Barcelona.