Comeza a feira de antigüidades da Pontenova coa xornada ‘repensar, reciclar, renovar’

A X Edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que terá lugar os días 8, 9, 10 e 11 de decembro, acolle este ano unha novidosa cita. O sábado 10, dende as 10:30 horas e ata 16:30 horas, a Casa da Cultura será o escenario da primeira “Xornada de Tendencias: repensar, reciclar, renovar”.

Trátase dun evento no que reputados profesionais darán conta de innovadoras técnicas que se poden aplicar aos oficios tradicionais, conxugando innovación e tradición, co obxectivo de reinventar e potenciar este sector. Inclúe a presentación de innovadores proxectos sobre a transformación do moble, cos que se conseguen pezas únicas. A xornada está aberta a todo público e é de entrada gratuíta. A programación desta Xornada é a seguinte:

10.30 horas. Recepción de asistentes.

11:00 horas. Reci-creando: por un mundo máis sustentable. Blanca Arregui presentará o portal de venda online de mobiliario reciclado ARTILUJOS. Arregui é licenciada en dereito, e conta con varios másters, desenvolveu parte do seu labor profesional no estranxeiro. Actualmente é especialista en en Social Media Management e Redes Sociais, desenvolvendo asúa carreira profesional como autónoma neste campo, compaxinándoo co emprendemento. A súa preocupación polo cambio climático e o medio ambiente lévanlle a coller as rendas da empresa Artilujos en setembro de 2015, desenvolvendo o seu labor profesional coa sustentabilidade e o traballo de artesáns locais como bandeira.

12:00 horas. Tendencias no mundo da reciclaxe creativa. Estará a cargo de Susana Aparicio, artista e xestora, promotora e directora do Salón Internacional de Reciclaxe e Sustentabilidade. A súa dilatada experiencia profesional á fronte de asociacións, organizacións profesionais e prensa especializada, levouna a crear no ano 2009 o Salón Internacional de Reciclaxe de Arte e Sustentabilidade, máis coñecido como RECICLAMADRID. Motor de novas vías de desenvolvemento, produción e impulso do deseño e a arte a través da aplicación dos valores que convidan a aplicar as 3 R: Reutilizando, Reciclando e Reducindo. Desde esta plataforma organizou numerosas conferencias, exposicións, encontros, workshops, instalacións, performances, cinema, mesas redondas en con a participación e colaboración de Museos, Concellos, Centros Comerciais e Universidades de España, Portugal e Italia.

13:00 horas. Revivindo: unha alma nova para vellos obxectos. Participarán Marcos Ladra, artesán da talla en madeira e restaurador; Ráquel López, artista plástica e tatuadora en Camaleón Tattoo; e Javier Sánchez-Montaña, arquitecto consultor Supp Art Assitant. Amosarán, entre outras moitas cuestións, como levar a arte do tatuaxe ao sector do moble. Exporán unha orixinal peza tatuada en talleres da Pontenova.

16:00 horas. Presentación de pósters. Espazo reservado para a presentación de novos talentos e proxectos de emprendedores.

16:30 horas. Descubrindo o sabor do Antiguo con Chus Cano. É presentadora na canle Decasa de varios programas, entre eles Reciclarte, no que dá vida a pezas que estaban no esquecemento; Con Material de Derribo, no que nos ensina como con materiais, non convencionais, podemos conseguir pezas decorativas e De Rastros con Chus, no que a podemos acompañar por distintos rastros e mercadillos en busca de tesouros que recuperar. En todos eles realiza, recupera ou transforma pezas que podemos ter ao noso ao redor, grazas a técnicas artesanais tradicionais de restauración, pintura decorativa, etc. Tras o éxito conseguido polos programas que protagoniza en canle Decasa, a restauradora publicou o libro Reciclarte no que dá as claves e os trucos para crear paso a paso algúns dos seus deseños máis queridos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com