Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea pide no Congreso que se axilice a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

O deputado de En Marea por Lugo no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, declarou que: “presentou xa ao inicio do curso político unha proposición non de lei emprazando ao Goberno a impulsar as xestións necesarias perante a Xunta co obxectivo de axilizar a tramitación precisa e requerida para a presentación ante a UNESCO da Candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra”.

Miguel Anxo Fernán Vello lembra que a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO “leva case dúas décadas de anuncios e trámites sen que se efectivice a pesar da súa incríbel beleza paisaxística”.

O parlamentario de En Marea resalta na iniciativa as características da Ribeira Sacra: “un espazo xeográfico natural formado en torno aos Cañóns do Río Sil, cuxo paso sinuoso deixa unha paisaxe espectacular. Ademáis, destaca o seu enorme valor patrimonial que inclúe máis de medio millar de bens catalogados, entre eles nove mosteiros, 203 igrexas, 121 capelas, 16 pazos, 25 torres, 5 pontes, 10 hermidas, 5 prioratos e 3 santuarios”.

Promesas incumpridas

O deputado critica que “se deixen pasar os anos sen facer nada, van 17 anos de promesas incumpridas, trámites que se inician pero non se rematan”. Fernán Vello explica que “en 1999, o Ministerio de Asuntos Exteriores rexistrou a proposta The Ribeira Sacra, Lugo and Ourense por primeira vez, mais non se fixo ninguha xestión para efectivizar a candidatura”. Nesta liña, lembra o último intento do Valedor do Pobo, en xullo de 2015, “que non foi seguido de iniciativa algunha por parte da Xunta”.

Miguel Anxo Fernán Vello critica que “todo se quede sempre en anuncios, xuntas e promesas por parte de cargos institucionais do PP, mais a candidatura continúa a ser unha entelequia que non pasa do umbral das palabras”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com