Lugonovo denuncia que unha xestión nefasta da dixitalización municipal provocou que área económica perda o seu selo de calidade

Tras coñecer a valoración de Adeces sobre a Brecha Dixital en España, Lugonovo denuncia “que unha xestión desastrosa da dixitalización municipal ven de provocar que a área económica perda o seu selo de calidade despois de seis anos”. Segundo os concelleiros de Lugonovo, as conclusións do informe da Asociación Pro Dereitos Civís, Económicos e Sociais, “sitúan á cidade  á cola do país en canto aos trámites telemáticos que oferta”.

O portavoz de Lugonovo. Santiago Fernández Rocha, cuestiona que “segundo este estudo, en Lugo só se poden facer ao redor dunha trintena de xestións dixitais, cando a media nacional ronda as 85. Un desfase desta magnitude lévanos a pensar que, ou os fondos locais foron insuficientes ou non estiveron ben investidos”.

Por iso, dende a formación “interpelarase ao goberno cunha batería de preguntas orientadas a coñecer o gastado en servidores, portais web, equipamentos, persoal e mesmo en campañas ou proxectos municipais como o de Lugo 24×7, un dos pioneiros, durante os últimos anos”.

“As consecuencias deste atraso que acarrea o Concello son moito máis perniciosas do que se lle podería atribuír, a simple vista, á modernización telemática”, advirte Santiago Fernández Rocha, “porque contamos con outro inconvinte engadido como é a desorganización e as carencias dos recursos humanos”.

E pon o foco nos servizos electromecánicos: “levamos meses denunciando a gravidade de que este departamento estea desmantelado, sen traballadores que conformen as facturas. Houbo cortes da subministración que o evidenciaron no seu momento pero as demoras no abono dos recibos ás eléctricas acaba de ter outra consecuencia: a retirada a finais do pasado mes de novembro, despois de 6 anos, do selo de calidade a área económica.”

O voceiro do Grupo Municipal cualifica esta perda coma “un retroceso, froito da nefasta xestión que dende a institución se veu exercendo durante os últimos mandatos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com