O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presidirá a toma de posesión da nova directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar. Na sede de Gain, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) (rúa Airas Nunes, s/n). foto xoán crespo 09/12/16

A lucense Patricia Argerey toma posesión do seu cargo como nova directora de GAIN

A nova directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) tomou posesión esta maña en Santiago do seu cargo, nun acto presidido polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen destacou que a nova responsable de Gain ten como principal obxectivo que “Galicia e a súa industria sigan incorporando a innovación ao seu ADN”.

Conde destacou a “vocación de servizo público” de Argerey Vilar para que Gain cumpra os grandes retos que ten sobre a mesa ata o ano 2020. Neste sentido, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria citou proxectos como o polo industrial e tecnolóxico de avións non tripulados para uso civil de Rozas; o cumprimento da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3); “estreitar o vínculo entre empresa e universidade co obxectivo de que a transferencia de coñecemento sexa cada día más útil para a economía galega”; e o desenvolvemento da Compra Pública Innovadora, onde Galicia está chamada a converterse nun “auténtico referente”; así como os novos desenvolvementos no eido da Asociación para a innovación.

Patricia Argerey, que se mostrou agradecida pola confianza mostrada polo conselleiro, sinalou que a súa premisa é traballar polos galegos e galegas para impulsar a innovación na comunidade, dando así continuidade ao labor realizado polo seu antecesor no cargo, Manuel Varela.

Argerey Vilar, nada en Lugo no ano 1977, é doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e conta cun máster en Estudos Políticos Aplicados pola Fundación Internacional y para Iberoamérica de Administración y Políticas Públicas. Ocupaba desde xaneiro de 2013 o cargo de xefa de gabinete do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, onde chegara despois do seu labor como asesora do presidente da Xunta desde o ano 2009.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com