O BNG-AA, presentará un rogo na Comisión correspondente do concello de Lugo para que se proceda ao repintado dos pasos de peóns do Ceao. O seu voceiro, Rubén Arroxo, puxo como exemplo da necesidade desta actuación o primeiro dos pasos de peóns da Av. Benigno Rivera que é un dos máis transitados tanto por peóns e nun dos tramos desta avenida que máis tráfico soporta.
Arroxo sinalou que “as persoas que traballan nas empresas de telemarketing utilizan a miúdo este paso de peóns e hai que ter en conta que o centro de chamadas do Ceao é a empresa que ten máis xente traballado no polígono”. Ademais o BNG-AA tamén lle pedirá ao goberno municipal que se estude a posibilidade de novas paradas de autobús para dar servizo a esta zona do polígono industrial.