O PSOE de Lugo reclama a Fomento unha rotonda na N-VI a altura de Alfonso X

A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, anunciaron que rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados coa que reclaman que se constrúa unha rotonda na conexión da rúa Alfonso X O Sabio de Lugo e a N-VI.

A Deputada explica, na iniciativa rexistrada, que a Nacional VI ao seu paso por Lugo é unha circunvalación que está cada vez más incorporada nas actividades da cidade con riscos que isto conleva para o tráfico e os viandantes que transitan nesta zona. Concretamente é especialmente difícil o enlace da N-VI coa rúa Afonso X O Sabio, xa que é unha zona na que se atopa unha parte importante do Campus Universitario, o pavillón de deportes que utiliza o Breogán, e unha piscina cuberta.

Por todo isto Pérez Herraiz explica que sería conveniete unha rotonda neste enlace co fin de que facilitara a conexión entre esa parte da cidade e a N-VI e evitar así o riscos na seguridade vial da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com