A Alcaldesa avanza con técnicos municipais no desenvolvemento do Lugo Smart City

A Alcaldesa, Lara Méndez, avanzou este luns con técnicos municipais no desenvolvemento do Lugo Smart City, a efectos de coordinar tarefas entre os distintos departamentos municipais e planificar o desenvolvemento desta iniciativa de 4,1 millóns de euros, para converter a Lugo nunha cidade intelixente e sostible. O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo achegará o 60% do orzamento total, e o resto, o 40%, o Concello.

Durante o encontro, no que tamén participaron os Concelleiros de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Concello e Cidadanía e Desenvolvemento Sostible e Persoal, así como persoal das áreas implicadas, establecéronse os trámites a realizar por todas as áreas municipais, que traballan en detallar as características das distintas liñas de actuación deste proxecto, que sacará a concurso o propio Ministerio. Así mesmo, fíxose fincapé na aliñación deste proxecto con outras estratexias que está levando a cabo o Concello.

Co Lugo Smart City o Concello busca integración para involucrar á cidadanía nos procesos administrativos do Concello, eficiencia para mellorar a prestación de servizos públicos locais con alta incidencia no cidadán a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC; transparencia para facilitar o acceso, a consulta e o uso dos datos públicos dos servizos municipais e coordinación, para axilizar o traballo entre as áreas municipais a través da integración de servizos intelixentes. As liñas de acción fundamentais son as seguintes: administración electrónica, plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais basado no GIS para a xestión administrativa, económica, urbanística, ocupación da vía pública, infraestruturas e mobiliario urbano; tarxeta intelixente, portal de transparencia, xestión intelixente do aparcamento cun sistema de guiado, xestión de residuos sólidos urbanos, mediante o que se instalarán sensores de almacenamento conectados vía GPRS ou 3G nos colectores, xestión de eficiencia enerxética en 6 dependencias municipais, xestión do alumeado público no entorno urbano e rural, con regulación de fluxo lumínico a través de dispositivos de control, xestión dos colectores de auga e posta en marcha dunha plataforma smart.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com