Ameijide lamenta a actitude do goberno local para buscar solucións ás dificultades que se producen no centro da cidade á hora de encontrar aparcamento, criticando que os socialistas non ofrezan alternativas como “a recuperación dun sistema gratuíto de rotación e a creación de bolsas de aparcamentos disuasorios”
O popular critica “a lentitude da implantación do novo modelo de transporte que se adxudicou o pasado mes de febreiro e que a dous meses de que remate o prazo para a súa posta en marcha se descoñeza o seu alcance”
O concelleiro popular lembra que, xa desapareceron 200 prazas na contorna do Hospital de San Xosé ao que se poderían sumar “outras 400 prazas que parece van a desaparecer do Anxel Fole”.
Cidadáns
O grupo municipal de Cidadáns tamén amosou tamén a súa preocupación pola orde de peche decretada polo gobernó Municipal para oa parking Ánxel Fole, e a falta de alternativas para as 400 prazas estacionamento que se perderán. A voceira de Cidadáns, Olga Louzao, demandou do concello unha solución para as prazas de aparcamento privadas que no seu día mercaron ou alugaron algúns vecinos en dito aparcadoiro.