Melloras no campo municipal de fútbol José María Rodríguez Lago

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, supervisou este martes as obras que a entidade local está realizando no campo municipal de fútbol José María Rodríguez Lago, situado nas Gándaras. Con estas melloras, o Concello fai máis accesible este espazo deportivo, do que o edil destacou o seu volume de actividade deportiva ao longo de todo ao ano, xa que nestas instalacións entrenan habitualmente 27 equipos distintos, pertencentes ao Club Deportivo Lugo, o S.D. Sagrado Corazón, S.G. Comercial, Sporting Lucense, San Lázaro e Franciscanos.

Con estas actuacións, estanse a eliminar escadas e outras barreiras arquitectónicas e a pavimentar o perímetro do campo en baldosa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com