A Deputación xerou case 2 millóns de euros de beneficios aos gandeiros coa mellora da raza rubia galega

O Vicepresidente, Álvaro Santos, avanzou este mércores que o Goberno da Deputación, xerou case 2 millóns de euros de beneficios aos gandeiros coa mellora da raza rubia galega. Concretamente son 1.848,00 euros que se acadaron coa venda de novillas  que foron recriadas e melloradas na Granxa Gayoso Castro, e posteriormente vendidas. Fíxose ao abeiro do convenio de colaboración que mantén a Deputación e ACRUGA.

Santos Ramos avanzou esta cifra no transcurso dunha rolda de prensa, celebrada en San Marcos, xunto ao Presidente de ACRUGA, Cesar Dorado Pin, onde presentaron a poxa de preto de outras 30 novillas, que se celebrará o día 17 de decembro ás 12:00 horas, na Granxa Gayoso, en Castro de Rei.

O Vicepresidente remarcou a forte aposta do Goberno provincial por mellorar a calidade gandeira da provincia, e convidou a todos os gandeiros que queiran mellorar a súa cabana, a acudir a esta poxa. Explicou que esta é a cuarta que se realiza na Granxa Gayoso Castro organizada por ACRUGA.

Cesar Dorado Pin agradeceu a colaboración e o esforzo da Deputación de Lugo coa promoción da raza rubia galega. “Coa sinatura do convenio coa Deputación medrou moito esta cabana, tanto dentro como fóra de Galicia, xa que estes exemplares son de elite, e esperemos que poidamos seguir traballando e colaborando conxuntamente para poder seguir mantendo esta raza autóctona”. Avanzou que as novillas que sexan subastadas, tanto preñadas, como non preñadas, contan cunha subvención de Caixa Rural de 200 e 100 euros, respectivamente.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com