A Deputación pon en marcha a campaña “Merca en Lugo polo Nadal, porque na nosa provincia temos de todo e do mellor”

O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, acompañado polo voceiro do Goberno do Concello de Lugo, Miguel Fernández, e de comerciantes da provincia, presentaron este xoves Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor. É a campaña de sensibilización cidadá que pon en marcha a Executivo da Deputación para potenciar o tecido empresarial da provincia. Busca fomentar as compras nos establecementos dos 67 Concellos lucenses durante ditas datas festivas.

Santos Ramos destacou que o sector do comercio dá emprego a unhas 12.500 familias da provincia, nos máis de 5.000 establecementos que se distribúen no conxunto do territorio lugués, cunha media de 2,5 traballadores por negocio. Ademais, as compras polo Nadal supoñen o 25% do total das vendas anuais, chegando ata o 35% en locais de perfumería ou maquillaxe.

“Tendo en conta todas estas cifras oficiais, e cando o comercio representa o 14% dos postos de traballo da nosa provincia, cremos que é necesario concienciar á cidadanía sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, que axudan a dinamizar a economía da nosa provincia”, destacou.

O Vicepresidente avanzou que esta campaña se levará a toda provincia. Hoxe presentouse na zona centro, concretamente na cidade de Lugo. A semana próxima farase na Mariña e Zona Sur.

Con esta campaña, a Deputación ofrecerá aos 5.000 establecementos da provincia situar carteis co lema  Merca en Lugo polo Nadal, porque temos de todo e do mellor. Tamén levará ás rúas dos 67 Concellos, coa colaboración de todos os colectivos nos que se integran os profesionais deste sector, máis material promocional como, por exemplo, banderolas.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com