A Deputación está á realizar obras de mellora con aglomerado en quente, na estrada provincial LU-P-2501, no Concello do Incio, concretamente na parroquia da Cervela. Durante o transcorrer das obras deste vial de comunicación, que beneficiará aos 1.700 veciños da vila, a estrada pecharase de xeito puntual, o venres día 16 e o luns día 19 de decembro, para executar as obras de mellora. Esta obra conta cun orzamento de 66.000 euros.
No Concello de Folgoso de Courel, executaranse obras de reposición en firme na estrada LU-P-1303, dende Seoane a Visuña ata Ferramulín. Por mor destas obras, que mellorará a calidade de vida aos máis de 1.000 veciños da vila, a estrada permanecerá pechada o luns día 19, e o martes dia 20 de decembro. Esta obra conta cun investimento de 18.000 euros.
Os dous días, nos que de xeito puntual se pechen as estradas no Incio e Folgoso do Courel, haberá desvíos alternativos perfectamente sinalizados.