O alcalde López Orozco defende o servizo que presta a Casa da Muller ante as críticas recibidas por parte do Partido Popular

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, visitaron hoxe a Casa da Muller e defenderon o servizo que presta o Concello de Lugo ante as críticas vertidas polo Partido Popular .

O persoal da Casa da Muller  fixo público un comunicado no que lamenta “a utilización e criminalización pública da Casa da Muller”.
Escoitamos a López Orozco:

Doutra banda, López Orozco, e a Concelleira de Educación, Esther Muñoz, despediron hoxe a 20 mozos que farán prácticas en empresas de Austria, Italia e Reino Unido, grazas ao programa Lugoquálitas 3, que financian o Concello de Lugo e a Unión Europea, dentro do programa Leonardo da Vinci. O presuposto do proxecto é de case 124.000 euros.

Os 20 mozos, con distintas titulacións, sobre todo en enxeñerías e empresariais, viaxarán este venres a Florencia, Viena e Belfast onde permanecerán ata o 9 de maio.

O Alcalde e a Concelleira de Educación, tamén visitaron aos participantes nunhas xornadas sobre Marketing Dixital que se desenvolve hoxe e mañá no CEI, organizado polo Concello en colaboración coa Asociación de Mulleres Empresarias.
Nel participan 70 empresarios, emprendedores e tamén alumnos das accións formativas de Lugo Emprego Activo 2.
Escoitamos a López Orozco:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com