Lara Méndez lembra as tertulias do café Méndez Núñez, “un espazo de libre pensamento”

Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu os actos para render tributo ás tradicionais tertulias do café Méndez Núñez. Os eventos comezaron co descubrimento dunha placa conmemorativa sobre estas tertulias na fachada do propio hotel. Posteriormente, no Salón de Plenos Xesús Alonso Montero impartiu a conferencia As tertulias antifranquistas do café Méndez Núñez entre 1960 e 1975.

Durante moitos anos da ditadura, un gran número de persoas demócratas, galeguistas e antifranquistas xuntáronse naquel café e crearon un espazo de libre pensamento”, destacou a rexedora, quen explicou que “ao redor das mesas do Méndez, nas conversacións cotiás, se perfilarían ideas que despois servirían noutras frontes máis clandestinas.

Integrantes das tertulias

Estas tertulias estaban integradas por intelectuais, profesionais e moita xente que quería dialogar sobre actividades culturais ou cuestións políticas, como foron Ánxel Fole, Ánxel Xoán, Ricardo Carballo Calero, Tino Grandío ou Celestino Fernández de la Vega. Nos primeiros anos, esta tertulia estivo aglutinada en torno a Luis Pimentel, que tras a súa morte colleu o relevo Celestino Fernández de la Vega.

O nacemento destas tertulias integradas por intelectuais e profesionais liberais onde se falaban de temas culturais e políticos, sempre cun denominador común: a liberdade de expresión. A do Méndez Núñez foi tan famosa, que persoas insignes que viñan de paso á cidade luguesa, como Ferrín, Cunqueiro ou María Xosé Queizán, tentaban sumarse á mesma.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com