Este sábado venda de bastóns de caramelo solidarios nas Termas

A Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas comezou a súa campaña de Nadal. Durante o mes de decembro e coa misión de dar visibilidade e sensibilizar sobre estas enfermidades minoritarias, así como captar fondos para incorporar ao Programa Asistencial Sociosanitario, poñeranse outro ano máis á venda bastóns de caramelo en diferentes puntos de Galicia.

En Lugo estarán hoxe sábado 17 nas Termas e o venres 23 na rúa Bispo Aguirre, o horario é de 09:00 a 14:00 e  de 16:30 a 21:00.  Este ano contan de novo co apoio da Consellería de Sanidade e os Colexios Profesionais de Farmacia de Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Tamén con Vegalsa-Eroski, que proporcionará diferentes puntos de venda nos Familias da comunidade galega, co BBVA e voluntariado social. Entre todos conforman arredor de 300 puntos de venda. O caramelo en forma de bastón (sen lactosa e sen glute) ten un prezo de 1euro/unidade. Este produto conecta coa misión da Federación: apoiar ao colectivo de persoas que padecen unha enfermidade rara e crónica. A campaña desenvolverase desde o 1 de decembro de 2016 ata o 5 de xaneiro de 2017, coincidindo con datas do Nadal, época na que é tradicional este produto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com