O Grupo Municipal do Partido Popular retou esta mañá ao alcalde de Lugo, José López Orozco, a que “ademais de renunciar ao contrato da ORA, suspenda temporalmente o servizo”.
O concelleiro Antonio Ameijide afirmou que “esta decisión sería a máis xusta tendo en conta que o goberno local segue permitindo e favorecendo a facturación dunha empresa investigada pola Pokemon, na que o propio alcalde está imputado”.
Escoitámolo: