O Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO pechou a primeira xornada da súa terceira edición cun éxito rotundo de existencia, de seguimento a través do streaming facilitado pola Fundación TIC e de repercusión nas redes sociais.
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos rexistrou un cheo total para escoitar cada unha das charlas programadas nas que se abordaron temas tan diversos como a ciencia, a innovación, a educación tecnolóxica ou o fenómeno Instagram.
A etiqueta #inlugo16 usada para a ocasión converteuse case desde o comezo do evento en Trending Topic nacional, é dicir un dos temas máis comentados en Twitter, superando os 3 millóns e medio de impresións e o medio milleiro de interaccións á hora, nesta popular rede social, segundo os datos proporcionados pola coñecida plataforma de analítica e auditoría web Pirendo.
Xunto ás case duascentas persoas que abarrotaron o auditorio e ao seguimento en redes sociais, o Congreso foi seguido por máis dun milleiro de persoas a través do vídeo en directo producido e emitido polo equipo técnico da Fundación TIC.
Xornada do sábado
O Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, deu comezo este sábado a segunda xornada do Congreso coa presentación dunha mesa na que se mostraron empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e co ADN lucense. Rivera Capón subliñou que “un dos piares básicos de #INLUGO é dar visibilidade e promoción a empresas, proxectos e persoas lucenses que destacan no bo uso das novas tecnoloxías”.
Paralelamente nesta segunda xornada continúa activo o concurso de fotografía #inlugo16 que recoñecerá a mellor imaxe da cidade e no que xa recibiu máis de 600 propostas.
A Queixería do Campo, Enfermera Saturada e Funil.gal, premios #INLUGO16
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, entregaron este sábado os Premios #INLUGO, no marco do IV Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO. Con estes galardóns, o organismo provincial recoñece iniciativas, persoas e organizacións da provincia que fan bo uso da internet, as novas tecnoloxías e as redes sociais. Na edición deste ano presentáronse case corenta candidaturas repartidas en tres categorías:
Comercio, Ocio e Restauración
GAÑADOR: A Queixería do Campo (http://www.queixeriaprazadocampo.com), resultou gañadora nesta categoría polo bo uso das distintas redes sociais que xestiona (Facebook, Twitter, Instagra, Pinterest e Youtube). Este comercio ofrece distintas variedades de queixos cun denominador común: a calidade. FINALSTAS:
Faragulla (http://www.faragulla.com) web adicada á venda de obxetos especiais de cociña
UVE Laboradorio de Deseño un estudo de deseño que crea espazos totalmente personalizados ó cliente.
Deportes, Cultura e Acción Social
GAÑADOR: Enfermera Saturada (http://www.enfermerasaturada.es/). Héctor Castiñeira, creador do personaxe Enfermera Saturada. En decembro de 2013 autopublica o seu primeiro libro “A Vida é Soro”. Toda unha viaxe ao mundo da enfermería e os hospitais, onde o humor e as aventuras de Satu no hospital son o fío condutor. O libro cultiva un gran éxito entre o público, sendo o máis vendido ese nadal na internet e manténdose no top 10 durante meses.
Finalistas:
Lugoslavia (http://lugoslavia.gal/) web adicada á actualidade do CD Lugo (crónicas, entrevistas, reportaxes, material audiovisual…) contando con moita actividade nas súas rede sociais (Facebook, TWitter, Instagram, Flickr e Youtube). Colabora con distintas webs a nivel nacional e dela suxriu a peña do CD Lugo coa que comparte nome.
CB Breogán Premiada pola sua labor de difusión nas redes sociais e na web da actualidade do club de baloncesto, así como da provincia de Lugo ao ser un referente no deporte a nivel nacional.
Tecnoloxía
GAÑADOR: funil.gal (www.funil.gal) É unha iniciativa nacida na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo, de acceso aberto e gratuíto e que consiste nun laboratorio virtual de química que ofrece novas ferramentas multimedia para o ámbito científico.
Finalistas:
Mar Castro (http://www.marcastro.es) é unha doutora en comunicación e experta en protocolo de prestixio nacional que da difusión ó seu traballo e publicacións a través da súas redes sociais, web e blog, sempre presumindo de ser lucense.
Nudoss.com (www.nudoss.com), proxecto lucense que nace da empresa Miramar Cruisses, é a primeira rede social de cruceiros de Europa.
Concurso de fotografía #inlugo16
Así mesmo, tamén se deu a coñecer o gañador do concurso de fotografía #Inlugo16, Saritísima (@srvQueen), co que se buscaba premiar á mellor imaxe da cidade (podendo estar tamén relacionada co congreso) que os asistentes publicaran nas redes sociais co hashtag #inlugo16. A vencedora recibiu un smartphone última xeración.