Homenaxe do Orfeón Lucense a Xesús Mato en Portomarín e Paradela

Este domingo, o Orfeón Lucense rendeu homenaxe en Portomarín e Paradela ao que foi o seu Director, o musicólogo Xesús Mato, entregándolle a súa Insignia de Ouro.

A homenaxe comezou na igrexa parroquial de Portomarín, ás 12,30 da mañá, onde Xesús Mato, xunto co párroco portomarinense, Antonio López Vázquez,  oficiou a misa maior que foi cantada polo Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo. Rematada a misa, o coro ofreceu un recital de panxoliñas, no que actuou o violinista galego residente en Bristol,  Carlos Rodríguez (neto do escritor Manuel Rodríguez López), que interpretou unha peza da que é autor, creada arredor do tema central de “Fuxan os Ventos”, do que Mato foi autor de música e letra.

Seguidamente, no Mesón do Loio, en Paradela, nun xantar de irmandade ao que asistiron os alcaldes de Portomarín (Juan Serrano) e Paradela (José Manuel Mato) e o Prefecto de música da Catedral de Lugo, Luís Castiñeira, da familia do refundador do Orfeón, o Director desta agrupación, Marcos Fernández Mosquera, impúxolle a Mato a insignia de ouro do Orfeón e os alcaldes de Paradela (concello natal de Mato) e Portomarín (concello no que reside), entregáronlle cadanseu agasallo e pronunciaron palabras de loubanza da obra e traxectoria deste senlleiro lucense que hai uns anos dirixiu ao Orfeón, e foi impulsor de Fuxan os Ventos e A Quenlla, imprescindibles para coñecer a evolución da música galega desde os anos setenta ata a actualidade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com