O Concello adquiriu 55 chalecos antibalas e antipunzantes para a Policía Local, así como 119 fundas individuais exteriores, por un valor que ascende a 33.000 euros. Dentro desta partida, virán distintas tallas, incluíndo unha específicas adaptadas á fisionomía da muller. Así o anunciou este martes a Alcaldesa de Lugo, Lara Mendez, nun acto no que tamén estiveron presentes o Xefe da Policía Local, Manuel Novo, e o voceiro deste servizo, José Manuel Santiso.
“Dotar aos policías de mellores instrumentos é, directamente dotar á cidadanía de máis seguridade. Cada euro investido na Policía é diñeiro investido en cada un dos e das lucenses, en Lugo”, asegurou a rexedora, quen avanzou as características dos chalecos, “con paneis ou paquetes balísticos que outorgan protección a peito, espalda e costados, así como material de protección contra obxectos punzocortantes”.
A rexedora avanzou que “é a nosa obriga garantir a seguridade dos nosos traballadores e loitar por darlles todos os elementos para o seu traballo”.
A entidade local realiza dita adquisición de dous xeitos, “a través dunha proposta de gasto, e grazas ao Bonus Bueno do Concello, que permite mellorar as condicións de traballo dos funcionarios públicos”.
Lara Méndez matizou que “esta medida volve a ser outra acción do Goberno pensada por e para as persoas. Lugo é o impulso da súa xente, e a súa xente quere sentirse segura en Lugo”.