Éxito de participación no Nadaltic do InLugo

Numerosos lucenses de máis de 55 anos están a participar este mércores no Nadaltic que celebra o InLugo, entidade xestionada pola Fundación TIC da Deputación. O Presidente da TIC e do organismo provincial, Darío Campos, compartiu esta xornada cos asistentes e participou nun mannequin challenge co que os maiores felicitarán as festas e o Aninovo.

Campos Conde salientou que “máis de 1.000 maiores de toda a provincia participan ao ano nas actividades gratuítas sobre novas tecnoloxías do InLugo. Ver o sorriso dun maior tras enviar unha mensaxe ou un correo non ten prezo. Pois é un éxito de todos conseguir que os maiores empreguen as redes sociais para comunicarse e incluso que estean á última sobre as novidades nas mesmas, como é o caso do mannequin challenge, un fenómeno viral que arrasa en todo o mundo e que facemos hoxe. Seguiremos no 2017 con máis actividades nos 67 Concellos da provincia”.

O Nadaltic inclúe numerosas actividades relacionadas coas novas tecnoloxías. Os participantes poden crear música e sons con diversas apps, ser os protagonistas dun calendario de 2017 e recibir consellos sobre os mellores hábitos de alimentación, especialmente nesta época de excesos na mesa. A xornada, que está aberta a todos os maiores interesados, continuará pola tarde en horario de 16:30 a 19:30 horas.

Un xeito lúdico de achegarse ás novas tecnoloxías

A música está a ter un protagonismo especial durante a xornada, coa que se culmina a programación de actividades do último trimestre de 2016 do InLugo. Nunha das aulas, os maiores teñen acceso a diversas apps, con forma de piano ou cordas de guitarra, coas que poden crear música e sons. O obxectivo é que os maiores se introduzan no mundo das novas tecnoloxías un xeito divertido.

Ademais, cada participante leva un recordo en forma de fotografía tomada cun croma de fondo, e que terá unha utilidade todo o ano, xa que pola parte de atrás é un calendario de 2017. Ademais de levar a instantánea impresa, esta estará a súa disposición nas redes sociais.

A xornada inclúe o obradoiro de Alimentatic, que este trimestre estivo a percorrer todas as comarcas da provincia. Un especialista en nutrición imparte pequenas charlas sobre os mellores hábitos de alimentación para a poboación en xeral, e os maiores en particular, así como coñecementos básicos de nutrición nunhas datas habituais de excesos como o Nadal.

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com