Lugonovo denuncia o estado ruinoso dalgunas marquesiñas

O portavoz de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, denunciou hoxe o estado no que se atopan algunhas marquesiñas e puxo como exemplo a “instalación que a duras penas resiste no Camiño da Croa na que só se mantén en pé medio vidro. O que hai alí e nada é o mesmo. Porque nestes intres nin protexe do frío, nin da auga, nin do vento. Non cumpre ningunha función excepto á da fealdade urbanística pero, en cambio, supón un importante perigo para os usuarios que se poden mancar con algún dos cristais rotos”.

Fernández Rocha considera que por mor das eivas que ten a licitación, o goberno municipal non pode reclamarlle á concesionaria a substitución das pezas, se está estivera ben feita agora o Concello só tería que demandar que se arranxaran as marquesiñas que están deterioradas. Nestes intres o único que pode facer o Concello é pagalas do seu peto.

“Atopámonos nunha situación moi complexa, froito dos efectos que a crise tivo no sector da publicidade. A pouca rendibilidade para o negocio local que deixan estas concesións provoca que, moitas veces, os concursos queden desertos e aboca aos Concellos a caer nos brazos das grandes compañías que dominan o mercado e que, polo tanto, utilizan a súa posición de vantaxe metendo presión ás institucións para mellorar as condicións dos convenios”, explica o voceiro.

“O que cómpre agora é rematar xa dunha vez con esa actitude de beneplácito a tódolos abusos que impoñen as externalizacións. Non se pode perder máis tempo sen sacar unhas novas bases e un novo prego porque cada día que pasa desperdícianse máis recursos públicos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com