O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, anunciou este mércores a creación dun sistema de hortos urbanos municipais no Parque dos Paxariños, dotado de 33 parcelas, 3.000 m2 e zonas comúns. O edil declarou que “se trata duns hortos con función de autoconsumo, para contribuír a favorcer os hábitos saudables, centrados na produción ecolóxica, e, que se situarán na ladeira entre a Ronda das Fontiñas e o paseo fluvial do Rato, a carón do barrio de Xuíz”.
A actuación engloba a 3.000 m2, dos que se empregarían para cultivo 1.085 m2, cunha zona de entrada, con espazo para aparcadoiro de vehículos e unha caseta de madeira, de acordo co entorno, para apeiros e material. Estará formado por 33 hortos, con pantallas vexetais para separalos e diferencialos dos viais. Ademais, terá fontes de rega, adaptadas ao entorno, e mesas e bancos de uso público. “
Daniel Piñeiro tamén avanzou que o Goberno traballa na elaboración dunha ordenanza para o uso destes hortos, nos que se contemplará tanto o seu regulmento como as condicións que rexerán na súa utilización, dende non empregar ningún produto químico de síntese ata non utilizar materais que non sexan respetuosos co entorno. O Concello tentará proporcionar a cada usuario unha superficie mínima de 30 m2 e estarán destinados, principalmente, a persoas desempregas, en risco de exclusión social ou maiores de 65 anos.
As obras para dito proxecto, o deseño e o axardinamento, terán un prazo aproximado de 3 meses, e despois procederase ao sorteo de cada horto.
Dec 21, 2016 - 07:31 PM
es lo q hace falta asi pueden aprender lo niños
Dec 22, 2016 - 03:52 PM
E os maiores, que os que temos 20, 30 e 40 anos somos demasiado urbanitas.
Dec 22, 2016 - 11:19 PM
tes razon olvidouseme poñelo